Comarcas

A Guarda celebra Santa Tegra

Con limitacións de aforo, sen misa na ermida do monte e seguindo as normas COVID

A Guarda celebra Santa Tegra

A Guarda acolle este xoves, día 23, as celebracións do Día de Santa Trega, a súa festividade local, que neste ano tan atípico, e ao igual que sucedeu o ano pasado debido ás medidas de prevención motivadas pola pandemia da COVID-19, terán que realizarse dun xeito distinto.

Segundo informou o párroco ao alcalde da Guarda, as misas, que tradicionalmente se celebran na ermida no Monte de Santa Trega, celebraranse na Igrexa Parroquial ás 10:00h e ás 11:00h e con limitacións de aforo tal e como ditan as normas sanitarias vixentes, non se realizarán as Poxas de produtos típicos nin a procesión.

A Ermida de Santa Trega estará aberta ao público de 8:30h a 19:00h nesta xornada para todos os fieis e devotos que desexen facer as súas ofrendas, sempre respectando as distancias de seguridade, o uso obrigatorio de máscaras de protección e hidroxel.

Como en anteriores ocasións, o concello insta a cumprir as medidas de prevención a toda a poboación: uso da mascarilla, hixiene de mans e o mantemento da distancia social.

También te puede interesar