Cultura

Redondela adía ata o 1 e 2 de outubro o Festival de Artistas de Rúa e o Shopping Day

Ante a mala previsión meteorolóxica da fin de semana

O Concello de Redondela vén de anunciar hoxe o adiamento do XXII Festival de Artistas de Rúa e os Shopping Days que tería que desenvolverse este venres 24 e sábado 25 de setembro. As malas previsións meteorolóxicas para a fin de semana obrigan ao Concello e a Asociación de Comerciantes de Redondela a aprazar a cita para os vindeiros 1 e 2 de outubro.

Mantense o espectáculo de ‘Tiritantes’

Para esta fin de semana, tal e como explica a concelleira de Cultura, Iria Vilaboa, “tan só mantense o espectáculo da compañía Tiritantes, chegada de Burgos co seu espectáculo Ulterior, a viaxe o sábado 24 ás 18 horas

A alcaldesa, Digna Rivas, subliñou que, coas malas condicións meteorolóxicas previstas para a fin de semana, as dúas citas “quedarían totalmente desvirtuadas ao ser eventos para vivir nas rúas, cousa que a choiva faría pouco menos que imposible”.

También te puede interesar