Destacados Vigo al minuto

Terceiro revés xudicial para o Concello: ten que pagar a súa parte nos centros de día de Teis, Coia y Valladares

Rexeita o recurso contencioso e avala este sistema de financiación

Convocada huelga en residencias de mayores y centros de día privados de Galicia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de  dar a razón á Xunta cunha nova sentenza, a terceira neste mesmo sentido, na que avala o cofinanciamento dos centros de día públicos en Vigo.

Desestima así o último recurso contencioso-administrativo presentado polo Concello vigués contra as liquidacións do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar correspondentes aos centros de Teis, Coia e Valadares. 

Non hai nulidade, como alegaba o Concello

Segundo recolle o alto tribunal, as liquidacións xiradas pola Xunta de non incorren nas causas de nulidade alegadas polo Concello de Vigo, “toda vez que se trata de asumir o financiamento duns servizos atribuídos pola lexislación autonómica aos entes locais e para cuxa prestación optouse por fórmulas de cooperación” entre administracións.

A resolución sinala que se trata dun servizo de carácter local cuxa xestión asumiu o Consorcio a instancias do propio Concello, mediante fórmulas de cooperación interadministrativa e de forma voluntaria.

Tampouco inconstitucionalidade

O TSXG rexeita tamén a cuestión de inconstitucionalidade exposta polo Goberno vigués, apoiándose en sentenzas do Tribunal Constitucional que deixan claro que “as comunidades autónomas, sendo competentes para regular aqueles servizos sociais e sanitarios, son competentes para decidir sobre a súa descentralización ou centralización e para ordenar o correspondente proceso de asunción competencial e traspaso de recursos”.

Así mesmo, o TSXG lembra que o Concello de Vigo podería ter manifestado a súa vontade de desvincularse do Consorcio Galego de Benestar Social e non o fixo, polo que as liquidación se axustan á aplicación do réxime xurídico de cofinanciamento. 

Cómpre lembrar que o modelo de financiamento do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar está vixente desde o ano 2017, foi avalado pola Federación Galega de Municipios e Provincias, e é de aplicación en todos os concellos que o integran.

Te podría interesar