Os vindeiros días 1 e 2 de outubro impartiranse na Aula CeMIT de Chapela (R/ Manuel Rodriguez Casal nº3) uns obradoiros para a rapazada entre 8 e 15 anos con contidos adaptados a cada franxa de idade, promovidos pola Asociación de Software Libre Agasol e que contan coa colaboración da Concellería de Novas Tecnoloxías.
Faranse dous grupos por idades cada día: De 8 a 11 anos, e de 12 a 15 anos, e as temáticas a impartir serán adaptadas en cada caso ao entendemento de cada franxa de idade.
O monitorado adapta os contidos ás características de cada grupo, introducindo cuestións como igualdade, sentido crítico ante a tecnoloxía ou o seu uso de xeito creativo, máis aló do mero consumo, a colaboración e o traballo en equipo, así como a importancia das artes como ferramenta de desenvolvemento.
Os contidos propostos para estes catro Obradoiros que se ofrecen dende o Concello de Redondela son:
- Tarxeta micro:bit: para aprender a programar de xeito fácil e divertido
- Maching learning for kids: ferramenta para achegarnos á Intelixencia Artificial
- Makey Makey: kit de creación interactivo para experimentar, investigar, é ideal para practicar nunha contorna real a programación con Scratch.
- Circuitos en papel: crearemos un circuíto eléctrico co obxectivo de facer billar un LED nun papel ou tela, tamén podemos incluír diferentes sensores e actuadores e facer cómics, postales pop-up, libros luminosos, papiroflexia interactiva…
Dentro desas datas e horarios, créanse os grupos habendo 12 prazas dispoñibles por día e por grupo:
- venres 1 de outubro de 16.00 h a 17.30 h para rapazada de 8 a 11 anos
- venres 1 de outubro de 18.00 h a 19.30 h para rapazada de 12 a 15 anos
- sábado 2 de outubro de 10.30 h a 12.00 h para rapazada de 8 a 11 anos
- sábado 2 de outubro de 12.30 h a 14.00 h para rapazada de 12 a 15 anos.
Matrícula
As matrículas faranse cunha instancia xeral nos rexistros habilitados (Presenciais en Redondela e Chapela, e telemático na sede electrónica: redondela.sedelectronica.gal) e se adxudicarán as prazas por orde de entrada das mesmas.
Deberán indicarse os datos do/a menor, incluíndo a idade e os datos de contacto do pai/nai/tutor, e o día que lle interesa participar. Os obradoiros son totalmente de balde.