Galicia

Nace #ConSalceda para dinamizar o comercio local, a hostalería e o Mercado de Abastos

Está impulsada pola Concellería de Comercio que dirixe a alcaldesa, Verónica Tourón

Nace #ConSalceda para dinamizar o comercio local, a hostalería e o Mercado de Abastos

O Concello de Salceda de Caselas vén de poñer en marcha a súa propia Marca Comercial #ConSalceda, a través dunha subvención de 11.744,49€, do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

A Concellería de Comercio dirixida pola alcaldesa, Verónica Tourón, ven de presentar hoxe a Marca Comercial, que aglutinará o tecido económico da vila, e que forma parte do proxecto de dinamización da actividade local no que traballa o Concello. Na presentación estivo acompañada da tenente de alcaldesa Loli Castiñeira,  representantes de ACISA e da Praza de Abastos.

Reiniciar a vida social e económica de Salceda

Trátase dunha iniciativa que busca fomentar o consumo local, para reiniciar a vida social e económica de Salceda, despois das consecuencias da pandemia.

“ConSalceda” ten como finalidade converterse nunha marca de referencia para dar visibilidade a todo o comercio local, a hostalería, o mercado municipal e a Praza de Abastos. Unha marca comercial que identifica Salceda a través de valores implícitos valores como o de traballar conxuntamente para por en valor “o noso”.

Tendo en conta que o comercio e a hostalaría  son a principal fonte dinamizadora e económica dun pobo, o Concello aposta por proxectos de apoio a estes sectores, como medida de reactivación económica. A iniciativa terá visibilidade a través de redes sociais, publicidade en medios, organización de actividades de dinamización e outras accións que se irán poñendo en marcha ao longo dos próximos meses.

Verónica Tourón, explica que “o proxecto #ConSalceda busca que “unamos as forzas para reactivar o comercio de proximidade, pequenos negocios, tendas e hostalería e forma parte dun obxectivo máis amplo que é facer de Salceda un pobo cun atractivo comercial importante. Axudar ao comercio é axudarnos a nós, a toda a veciñanza”

También te puede interesar