Destacados Vigo al minuto

A Xunta pendente da documentación do Concello para poder investir 1 millón en Teis

Se non se entrega, non se poderán realizar obras de saneamento na parrroquia

El 'Saltamontes' de las fiestas de Matamá no tenía autorización del Concello de Vigo

A Xunta v´én de instar ao Concello de Vigo a que remita, de forma urxente, a documentación municipal necesaria para poder investir 1 millón de euros na mellora do saneamento de Teis.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, remitiulle o pasado venres día 8 de outubro, un novo escrito ao Concello para reiterarlle a necesidade de que traslade, á maior brevidade, a documentación municipal necesaria para poder licitar as obras, cuxo custo será asumido integramente pola Xunta.

Cuarto requerimento da Xunta

Esta é a cuarta vez que a Xunta lle require ao Concello que cumpra coas súas obrigas e traslade a documentación municipal necesaria, logo dos escritos enviados en data de 30 de outubro de 2020; o 18 de xaneiro de 2021 e o pasado 6 de setembro.

Concretamente, o Concello de Vigo debe achegar, tal e como se comprometeu no convenio de colaboración asinado o 29 de outubro de 2020, o certificado do Pleno do Concello de conformidade co proxecto de mellora do sistema de saneamento de Teis, así como o seu compromiso de recibir as obras e, como titular das mesmas, asumir a súa posta en servizo,
explotación, mantemento e conservación.

Así mesmo, o Concello de Vigo debe trasladar a Augas de Galicia a certificación acreditativa da posta á disposición dos terreos necesarios para a execución da actuación, libres de cargas e gravames e co réxime urbanístico adecuado. Segundo a colaboración asinada, o Concello ten
que remitir, ademais, a certificación acreditativa do resultado do proceso de información pública do proxecto e, no seu caso, informe onde se dea contestación ás alegacións presentadas.

En perigo a primeira fase das obras

Se o Concello de Vigo non traslada a documentación municipal necesaria á maior brevidade, córrese o risco de que o convenio asinado finalice a súa vixencia, fixada ata o 31 de decembro, e non se poderán levar a cabo as obras da primeira fase de mellora do saneamento de Teis.

O obxectivo da actuación é solucionar as deficiencias actuais que presenta o sistema de saneamento de Teis, acabando coas infiltracións que provocan unha sobrecarga na rede, para mellorar a calidade das masas de auga costeiras na contorna da depuradora.

Rede separativa na Baixada a Río e colector do río Paraxil

As obras previstas no marco do convenio céntranse en dúas actuacións prioritarias para a mellora do sistema de saneamento desta parroquia, como son a ampliación e mellora da rede separativa na zona da Baixada a Ríos e na renovación do colector do río Paxaril.

Na zona da Baixada a Ríos a Xunta ten previsto construír unha nova rede de pluviais con saída ao mar no dique que hai na praia de Ríos, con suficiente capacidade para a súa prolongación futura. Tamén se mellorará a rede de fecais.

No colector do río Paxaril prevese actuar en dous tramos: na súa parte máis augas arriba, no entorno do Parque de Bombeiros, e na súa zona intermedia, entre o IES de Teis e o cruce co ferrocarril.

También te puede interesar