O presidente Feijóo, anunciou hoxe, primeiro día do Debate sobre o Estado de Galicia, que as Escolas Infantís galegas, públicas, privadas e de iniciativa social, así como as municipais que estean ao día co Consorcio (que non é oi caso de Vigo), serán gratuítas desde o primeiro fillo a partir do próximo curso.
Gratuidade xeral
Feijóo asegurou que Galicia “é xa pioneira” na gratuidade dos segundos fillos e sucesivos e agora implanta a gratuidade xeral para as nenas e nenos de 0 a 3 anos dende o curso 2022-2023.
O presidente subliñou que hoxe, o principal reto do país é o seu “declive demográfico“, que fai que Galicia perda poboación e que haxa máis cidadáns anciáns que cativos.