Cultura Destacados

O Castelo de Soutomaior, epicentro do debate sobre igualdade

Reúne na Escola María Vinyals a expertas do feminismo en todos os eidos

A Deputación destina 1,5 millóns máis a 9 concellos da provincia

A Escola de Igualdade María Vinyals da Deputación de Pontevedra retoma este xoves a súa actividade presencial tras ano e medio de pandemia coa celebración do ‘I Encontro Nacional sobre Políticas Públicas de Igualdade’, que terá lugar no Castelo de Soutomaior.

14 e 15 de outubro

Serán dúas xornadas (14 e 15 de outubro) con 15 horas de debate a cargo das maiores 20 expertas do Estado e que, como subliña Carmela Silva, servirán para poñer enriba da mesa a axenda feminista e “debater, reflexionar, propoñer e reivindicar” no marco das políticas de
igualdade
e os seus máis inmediatos desafíos.

A presidenta da Deputación remarca que neste 2021 “non se
teñen feito nin a nivel nacional nin a nivel internacional en Europa unhas xornadas desta calidade
coas grandes referentes do feminismo en todos os eidos, desde logo en Galicia non hai nada parecido”.

Carmela Silva reivindica a Deputación coma a “administración máis feminista de Galicia”

A cita responde á decidida “loita diaria” da Deputación de Pontevedra e da súa Escola de Igualdade “para que a axenda feminista, a axenda das mulleres estea presente nas prioridades políticas”. “Somos a administración máis feminista de toda Galicia e eu diría e das máis feministas de todo o Estado e así se nos recoñece”, afirmou.

Seis mesas redondas

O encontro, coordinado pola doutora en Ciencias Políticas e Socioloxía, profesora universitaria, referente feminista e escritora Rosa Cobo, debaterá e analizará o estado actual da igualdade e os retos de futuro no desenvolvemento de políticas públicas a través de seis mesas redondas e unha conferencia inaugural que serán retransmitidas en directo por streaming.

Nas dúas xornadas abordaranse as Políticas Públicas Nacionais, Políticas Autonómicas, Políticas Municipais, Políticas de Igualdade en Medios de Comunicación; Políticas de Igualdade no Sistema Xudicial e Propostas de Políticas de Igualdade no Movemento Feminista.

As relatoras

Amais de Rosa Cobo, que pronunciará a conferencia inaugural, participarán no encontro Soledad Murillo, exsecretaria de Estado de Igualdade; Beatriz Gimeno, ex directora do Instituto das Mulleres; Izaskun Landaida, directora do Instituto Vasco da Muller; Nuria Varela, directora xeral de Igualdade do Principado de Asturias; Eva Istúriz, directora xerente do Instituto Navarro para a Igualdade; María Durán, directora do Instituto Balear da Muller; Núria Parlon, alcaldesa de Santa Coloma de Gramanet; Silvia Buabent, activista feminista e ex directora do Instituto das Mulleres; Ana Bernal Triviño, xornalista e profesora universitaria; Emelina Fernández, ex presidenta Consello Audiovisual de Andalucía; María Luisa Balaguer, maxistrada do Tribunal Constitucional; Paz Filgueira, maxistrada especialista en violencia de xénero; Sandra González Álvarez, alcaldesa de Tomiño; Marta Giráldez Barral, alcaldesa de Meis; María Xosé Porteiro, directora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega; Marta Cárdaba, xefa de Servizo no Observatorio de Saúde das Mulleres no Ministerio de Sanidade; Lidia Fernández, doutora en Estudos Interdisciplinares de Xénero; Concha García, voceira da Plataforma do Feminismo Radical de Galicia e Lupe Ces, mestra e activista feminista.

As seis mesas serán moderadas por xornalistas da provincia: María Varela (Diario de Pontevedra), Lara Graña (Faro de Vigo), Nieves Domínguez (La Voz), María Obelleiro (directora de Diario Nós) e Ana Fuentes (xefa de Prensa de Zona Franca).

También te puede interesar