Asegurouno o vicepresidente primeiro do Goberno galego nunha entrevista concedida á Radio Galega. Alfonso Rueda sinalou que o Comité Clínico que asesora á Xunta pode decidir este martes recuperar o 100% de aforamentos na hostalaría, así como a “normalidade” no uso das barras dos bares.
‘Adeús’ á situación de emerxencia en Galicia
As declaracións de Rueda seguen a mesma liña que as do presidente Feijóo o xoves pasado no que anticipaba a fin da situación de emerxencia en Galicia, vixente dende marzo de 2020.
Alfonso Rueda foi algo máis aló e tamén adiantou que podería ampliarse o horario dos locais de lecer nocturno- ata as 4 da mañá, presentando certificado COVID- e tamén o seu aforamento, chegando ao 75% no interior.
O obxectivo, sinalou, é unha volta á normalidade, “non será un retorno total á vida anterior [á pandemia]”, aclarou, pero sí máis parecido.
No que non haberá alteracións será no uso da máscara no interior de locais públicos -comercios, centros comerciais, tendas, cines, teatros, etc- en todos eles haberá que levala posta, algo que non só contribuirá a conter a COVID, senón tamán a gripe, coma o ano pasado.