‘As persoas LGTBI non emprego‘, un estudo realizado pola Unión Xeral de Traballadores (UXT) sobre a inserción laboral do colectivo LGTBI en España, sitúa a Galicia como a terceira comunidade con máis situacións de discriminación por motivos de orientación sexual, só após Asturias e Murcia.
Para os responsábeis do sindicato en Galicia, que presentaron hoxe as conslusións deste informe, estes datos amosan unha situación “moi preocupante”. Así, indicaron, o 90% dos enquisados para facer o estudo sinalou como “inconvinte” ser lesbiana, gai ou trans en canto ao emprego e un 86% preferiu “ocultalo” da súa contorna laboral.
‘Medo’ e agresións
Tres de cada catro entrevistados manifestaron ter “medo” de expresar a súa orientación sexual, e catro de cada 10 profesionais LGTBI declararon que sofren agresións, verbais ou físicas, incluso violencia sexual.
As persoas trans as peor paradas
Neste panorama lamentable, a peor parte é para as persoas trans: o 48% das enquisadas, case a metade, asegurou que as rexeitaron en entrevistas laborais pola súa identidade de xénero e por non ter a documentación adaptada.