Pasaron sete días de campamento e, agora que se acaba, levan como recordo un diploma. Esta tarde entregáronse no pavillón Óscar Pereiro de Mos os cartaces aos rapaces de entre 6 e 14 anos que participaron no campus de verán que organizou o concello durante todo o día.
Nestes campamentos, os pequenos practicaron fútbol sala, natación, balonmán, patinaxe, ciclismo e atletismo. Ademais contaron con actividades recreativas e culturais tales coma charlas e coloquios con deportistas profesionais, reproduccións audiovisuais, obradoiros formativos, a Festa da Bicicleta, unha excursión, unha ruta de sendeirismo…