Cultura Vigo al minuto

O BNG pedirá que o Congreso rexeite o uso pexorativo da expresión ‘Galicia profunda’

Empregada pola xuiza María Belén Ureña Carazo para denegarlle a unha muller a custodia da súa filla

O deputado do BNG Nestor Rego

O Bloque Nacionalista Galego pedirá que o Congreso dos Deputados apoie, por unanimidade, unha declaración institucional rexeitando o uso “pexorativo” da expresión “Galicia profunda” Así o anunciou Néstor Rego, deputado do BNG, hoxe en rolda de prensa na que lembrou que unha declaración semellante xa está aprobada polo Parlamento de Galicia.

Rego sinalou “os prexuízos e estereotipos” nos que incurriu a xuíza María Belén Ureña Carazo cando otrogou a garda e custodia dun neno de 13 meses ao pai sinalando no seu fallo o que cualificou de intención “deplorable” da nai do pequeno por levalo a un pobo da “Galicia profunda”.

“Galegofobia e clasismo”

Esta ‘magistrada’, xa denunciada pola nai do cativo, apuntaba que Marbella, onde vive o pai do pequeno, “ofrece múltiples posibilidades para o adecuado desenvolvemento da personalidade dun neno e para que creza nun ambiente feliz, fronte á “pequenísima poboación na Galicia profunda” onde vive a nai, que está “lonxe de todo”.

 Para o deputado Néstor Rego esta expresión da xuiza denota a súa “galegofobia e clasismo”, e o seu fallo, lamentable e indefendible, “unha potencial vulneración de dereitos dunha persona.

También te puede interesar