O Concello de Rosal vén de convocar unha bolsa de traballo para contratación dun ou dunha traballadora social. A alcaldesa, Ánxela Fernández, explica que con esta incorporación “queremos reforzar os nosos servizos sociais e mellorar a atención a todos e todas as rosaleiras que o precisen”.
Poderán solicitar esta bolsa todas as persoas tituladas en Traballo Social, que teñan o CELGA 4 ou fagan a proba de nivel esixido e que teñan carné de conducir tipo B.
As solicitudes poderán presentar ata o vindeiro 10 de novembro no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede Electrónica.