O alcalde solicitou hoxe a apertura de rutas aéreas que unan Vigo con Londres e Milán, ao tempo que instou á Xunta a potenciar o aeródromo de Peinador para competir co de Oporto. Así o declarou tras a celebración no Concello do Comité Técnico de Rutas, que reúne a representantes de AENA, da Xunta de Galicia e dos municipios implicados:Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela-.
O alcalde asegurou que a “verdadeira competencia” para Galicia con outras comunidades en materia aeroportuaria está en Portugal e “Vigo compite co aeroporto de Oporto“, non A Coruña nin Santiago. Polo tanto, Caballero instou ao goberno autonómico e ao Comité de Rutas a “centrar os seus esforzos” en Vigo “en interese de Galicia“.
Caballero apuntou nunha dobre dirección para facer competitivo a Peinador: por unha banda mellorar as súas infraestructuras, lembrou que están “en marcha” as obras do novo aparcamento, proxectada a nova terminal e en proceso de resolución da nova pista de rodadura e, por outro lado, ampliar os destinos. Tamén explicou que Oporto está a realizar unha “agresiva” campaña de captación de clientes no sur de Galicia, o que está a repercutir na caída de pasaxeiros que ven experimentando Peinador. O alcalde defendeu a adopción dunha política comercial similar en Galicia.