Destacados Vigo al minuto

Vigo entre os concellos que recibirán axudas do Goberno dentro da Axenda Urbana Sostible

Para a elaboración de Plan de Acción Local

https://xornal.vigo.org/noticias/30219-a-corporacion-da-luz-verde-a-ampliacion-do-prazo-para-a-aprobacion-provisional-do-pxom

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou hoxe que nove concellos de Galicia servirán de exemplo para o resto de España na implementación da Axenda Urbana sostible.

Estes municipios forman parte das 121 propostas admitidas polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, que recibirán unha subvención para a elaboración de proxectos piloto de Plans de Acción Local da Axenda Urbana Española.

En concreto, o Ministerio concedeu estas axudas aos concellos galegos de Paradela, Tui, As Pontes, Lalín, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra, A Coruña e Vigo. O importe total das axudas ascende a 1.500.000 euros e o reparto por concello realízase por tramos de poboación, entre os 50.000 euros a Paradela (menos de 5.000 habitantes) ata os 250.000 euros a A Coruña e Vigo (máis de 250.000 habitantes).

José Miñones detallou que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana lanzou esta convocatoria de axudas o pasado mes de setembro e que recibiu un total de 233 solicitudes a nivel nacional, das que seleccionou 121, repartidas en grupos de municipios segundo a poboación.

Os concellos seleccionados deberán presentar estos proxectos piloto antes de setembro de 2022 e estes documentos servirán de modelo e guía para que outras entidades locais poidan elaborar os seus propios plans de axenda urbana con certezas e eficacia.

Este Programa de axudas forma parte do Compoñente 2 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, denominado “Implementación da Axenda Urbana Española: Plan de rehabilitación e rexeneración urbana”, que é un dos tres compoñentes que lidera o Ministerio de Transportes.

También te puede interesar