Comarcas

Centos de persoas concéntranse no Rosal para protestar pola falta de médico

Tampouco hai matrona nin pediatra

Centos de persoas concéntranse no Rosal para protestar pola falta de médico

Unhas 450 persoas se achegaron este mércores á Praza do Calvario, no Rosal para sumarse á concentración convocada pola Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública e polo Concello. Denunciaron, de novol a “precaria” situación da Atención Primaria na vila. Na actualidade, apuntaron, non conta xa cos servizos necesarios para unha asistencia sanitaria digna.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, reivindicou as medidas apoiadas polas veciñas e veciños e as mobilizacións iniciadas dende a plataforma e dende o Concello, porque “non podemos deixar que nos quiten este dereito e poñan en risco as nosas vidas”.

Concentración este mércores no Rosal

O Rosal, sen médicos de Atención Primaria

Agora mesmo, a falta de persoal que cubra as baixas e vacacións deixou ao centro de saúde do Rosal sen ningún médico de Atención Primaria. Iso supón que non se pode pedir cita para consulta e que só se atendan as urxencias con médicos de garda. Tampouco hai na vila nin matronas nin pediatra, que se desprazou á Guarda pola crise sanitaria e non volveu.

O mesmo ocorre co consultorio de San Miguel de Tabagón, pechado pola Consellería de Sanidade dende comezos da pandemia sen perspectiva de que se lle dote de persoal. 

También te puede interesar