Galicia

O Tribunal Superior de Galicia autoriza a prohibir as reunións de 3 a 6 da madrugada as fins de semana

Ata o 29 de xaneiro

O Tribunal Superior de Galicia autoriza a prohibir as reunións de 3 a 6 da madrugada as fins de semana

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizou á Xunta a prorrogar, ata o próximo 29 de xaneiro, a prohibición de reunións entre non conviventes entre as 3 e as 6 da madrugada dos venres, sábados, domingos e festivos.

Certificado COVID

Tamén deu a súa aprobación a prorrogar a esixencia de presentar o certificado COVID-19 de vacinación, de proba diagnóstica negativa ou de recuperación para acceder ao interior de determinados establecementos. Entre eles o alto tribunal sinala a locais de hostalería, de lecer nocturno, hospitais, residencias, ximnasios e albergues turísticos.

Conter a expansión do virus e “defender a saúde pública”

Os maxistrados explican na resolución que as medidas teñen como propósito “defender a saúde pública, malograda pola pandemia”, así como conter a expansión do virus. Tras estudar os dous informes presentados pola Xunta, “certamente mellor fundados que os que se analizaron no auto do 30 de decembro”, aseguran que é “evidente” a necesidade de persistir nas medidas que se orientan a reducir a interacción social, que contribúe á expansión do virus, especialmente nos ámbitos e sectores aos que se refiren as ordes“.

“Efectos favorables” dos certificados COVID

A sección terceira da Sala do contencioso-administrativo do TSXG destaca no auto, notificado hoxe, os “efectos favorables” que ten a esixencia de presentar “calquera dos tres certificados COVID-19 -vacinación, recuperación ou proba diagnóstica-“, entre eles os beneficios indirectos para a poboación máis resistente a vacinarse”.

También te puede interesar