Comarcas

A Xunta destina 3 millóns de euros para retirar o lindano do Contrasto, en Porriño

O alcalde quere ir da man dos veciños máis afectados

A Xunta destina 3 millóns de euros para retirar o lindano do Contrasto, en Porriño

A Xunta investirá 3 milóns de euros nos traballos de retirada e descontaminación dos residuos de lindano no viario principal do Contrasto, en Torneiros, unha obra que comezará este ano

Así llo trasladou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ao alcalde Alejandro Lorenzo nunha reunión que mantiveron esta semana para abordar este e outros asuntos de interese para O Porriño.

Con cargo aos orzamentos deste 2022

A conselleira explicou ao rexedor que con cargo aos orzamentos da Xunta deste ano xa se está actualizando o proxecto para intervir na pista municipal do Contrasto polo que estima que, tan pronto como se complete este paso, poderá iniciarse a tramitación do contrato para executar as correspondentes obras.

“Sempre defendín que o problema do lindano hai que abordalo con decisión, non chega con discursos baleiros nin promesas”, defendeu o rexedor, “Para iso é necesario un plan de acción, un esforzo investidor e un compromiso firme de respaldo e colaboración entre administracións, co que dende logo contamos”.

Da man dos veciños

Lorenzo incidiu en que “neste proceso é esencial ir da man dos veciños e veciñas máis afectados” e valorar xunto a eles cada paso. “A descontaminación do municipio é unha responsabilidade que debemos asumir non só para coidar a saúde dos porriñeses e porriñesas de hoxe, senón para deixar un Porriño mellor para os de mañá”, concluíu o alcalde.

También te puede interesar