As 6.903 persoas que durante o pasado ano 2021 pasaron por Meirande –Centro de Interpretación da Batalla e do Patrimonio de Rande– amosan o interese que esta instalación esperta nas persoas que visitan Redondela.
Crecimento constante
Da importancia desta instalación museística fala que no ano 2020, primeiro da pandemia do coronavirus, o Meirande rexistrara un total de 3.449 visitas. Por tanto, os datos do 2021, supoñen un incremento do 50 % respecto ás persoas que visitaron a instalación respecto ao período anterior.
Datos preto dos da ‘prepandemia’
De feito,a instalación, que depende directamente da Concellería de Turismo, recibiu de agosto e outubro 1.172 e 1.301 persoas, respectivamente o cal achégase a visitas da ‘prepandemia’
Cómpre salientar que outubro vén marcado pola conmemoración da Batalla de Rande polo que atrae moitas máis visitas, algo que quedou comprobado neste ano.
Un 2022 para ser optimista
A previsión para o 2022, sinala a alcaldesa Digna Rivas, “é claramente optimista e todo apunta a superar os niveles de afluencia rexistrados nos anos previos a pandemia”. Para a rexedora redondelá está fora de toda dúbida que o Meirande “está consolidándose como un punto turístico de visita obrigada“.
Adaptación ás novas tecnoloxías
Rivas lembrou que dende a Concellería de Turismo, estanse a desenvolver continuos traballos de adaptación do Meirande ás novas tecnoloxías. Entre elas cabe salientar a creación dunha páxina web “moderna e funcional” ou, proximamente, a posibilidade de facer visitas virtuais.
“As novas tecnoloxías poñen nas nosas mans ferramentas de extraordinaria importancia que temos que aproveitar á hora de poñer en valor a nosa historia e o noso patrimonio”, conclúe a alcaldesa.