Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 51 persoas debido a 39 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 15:00h. do venres, 14 e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 16 de xaneiro.
A Central de Coordinación do 061, recibiu nestes días 52 chamadas en relación cos accidentes. Os recursos sanitarios mobilizados foron 47.
Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 9 accidentes; o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 35 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria en dous.
En 49 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en dúas ocasións atendeuse no propio lugar do incidente