É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másEmpeza a remodelación de Celso Emilio Ferreiro co derrubo de varias casas
Co derrubo das infravivendas de Celso Emilio Ferreiro, empezou hoxe a humanización do entorno do Castro coa rúa Venezuela, unha obra na que se investirán 1.200.000 € aos que hai que sumar o custo da expropiación destas casas de pranta que ascendeu a 365.000 €.
Segundo explicou o alcalde, a humanización da rúa, contempla novas e ampliadas beirarrúas de granito, máis espazos verdes e a mellora das redes de servizos soterradas, ademais de ampliar o parque de Celso Emilio e o sentido único de circulación. Sobre o tráfico, o Caballero indicou que teñen “especial coidado” en manter o número actual de prazas de aparcamento e, se é posible, amplialo coa reforma ao tratarse de espazos libres de pago que supón un “desafogo” no centro da cidade para os conductores.
A finais de outubro estará rematada unha remodelación, que lle foi reclamada ao alcalde hai dous anos por comerciantes e veciños da rúa, e terá como “colofón” a nova rotonda do bicentenario, ubicada no cruce desta con Camelias e Venezuela. A escultura que recordará a efemérida xa está decidida e o modelo arquitectónico da rotonda está en estudo entre dúas variantes: granito con verde ou con auga.