É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másVigo, tomada por avós e netos
Sete espacios ao aire libre que durante xullo e agosto estarán dedicados a uns personaxes moi concretos: os avós e os seus netos. O luns arranca un programa de actividades interxeneracionais de balde e sen inscripción previa con dúas sesións diarias simultáneas (de 10:30 a 11:30 horas) nas que primeira e terceira idade poderán facer tai chi, danzas do mundo, saúde e diversión e musicoterapia.
O programa comeza na Praza de Independencia e fronte ao mercado de Teis para pasar logo ao mercado do Calvario e ao parque de Castrelos (día 6 de xullo), na Avenida de Castelao (7 de xullo), na Praza da Constitución e no mercado do Calvario (8 xullo) e na alameda de Bouzas e na Avenida de Castelao (9 de xullo).
O ano pasado disfrutaron desta alternativa estival máis dun millar de persoas.