Axentes da Policía Autonómica de Vigo, en colaboración coa Policía Nacional, comisaron na xornada de onte 38 quilos de percebe nun dispositivo na cidade.
Sen acreditar a súa procedencia
A requirimento da Policía Nacional, inspeccionaron un vehículo no que o propietario transportaba tres caixas de percebes e identificaron ao conductor, levantando unha acta de presunta infracción da Lei de Pesca de Galicia debido a que o propietario non aportou etiqueta de trazabilidade, nin factura do produto que acreditase a procedencia do marisco.
Tamén se procedeu ao comiso da mercadoría que repartiuse entre centros benéficos locais.