Radiotelevisión Española (RTVE) difundiu o resultado, polo miudo, dos votos do xurado do Benidorm Fest, no que Tanxugueiras obtivo con ‘Terra’ o 70,75% dos votos do público xeral a través de chamadas e de mensaxes de texto.
Preto de 70 puntos máis que Chanel
As galegas estiveron casi catro veces máis apoio que Rigoberta Bandini, que conseguiu un 18,5%, e un 66,7% máis votos que ‘SloMo’, de Chanel, quen logrou o 3,97%, e gañou o certame polo apoio do ‘xurado profesional’.
53.000 chamadas e 94.000 mensaxes de apoio para as galegas
Das 53.623 chamadas realizada polo público, 41.620 deron o seu voto a Tanxugueiras e as cantantes galegas tamén recibiron máis de 94.000 mensaxes de apoio, coa mensaxe ‘Voto Tanxu’. A seguinte foi Rigoberta Bandini, con máis de 28.000.
Tamén gañaron no ‘voto demoscópico’
No que se refire ao ‘voto demoscópico’ -de 350 titulares e 83 suplentes- un 14,59% votaron por Tanxugueiras; un 13,88%, por Chanel; un 13,52% por Rigoberta Bandini; e un 12,62%, por Gonzalo Hermida.
No que se refire aos cinco membros do ‘xurado profesional’, un deles deulle ’10 puntos’ a Tanxugueiras quen recibiu só ‘2 puntos’ por parte doutro dos integrantes do mesmo.
Dende RTVE insisten en que non houbo “tongo”
Aínda á vista destes datos, a directora de Comunicación e Participación da televisión pública, María Eizaguirre, defendeu a “profesionalidade” e “independencia” da mesma. Tamén lembrou que “as normas eran claras, non hai dúas realidades, non hai denuncias, non hai impugnacións”.
Eizaguirre subliñou que “o xurado actuou con liberdade” e negou que houbese “tongo”.