Os representantes das traballadoras do sector da conserva de peixe acordaron convocar tres días máis de folga para os días 14, 16 e 18 de marzo.
Xa houbo folga en xeneiro e febreiro
Este paro súmase ao levado a cabo o 21 de xaneiro e o xoves 3 e o venres 4 de febreiro, para garantir un convenio que garanta o poder adquisitivo do persoal e remate cona fenda salarial entre homes e mulleres.
Sen acordo na última reunión
Na última sesión de negociacións, a Patronal ofreceu pagar 8€ a hora as fins de semana; un aumento salarial dun 6,5% para este 2022, polo aumento del IPC, e un 1% durante os seguintes tres anos– 2023, 2024 e 2025- co compromiso dunha revisión en función da inflación, que os sindicatos non aceptaron da do que “con estas condicións nos lograríamos unha suba, senon unha conxelación dos soldos”.
A proposta das empresas tampouco recolle a equiparación salarial entre o grupo de producción, con maioría de mulleres, e o de mantemento, ocupado por homes, entre ambos hay “diferencias de máis de 500€ anuais”, aseguran os representantes das centrais.
Manifestación o sábado 19 de febreiro
Xunto coa convocatoria de tres días máis de folga, os sindicatos chaman a unha “grande manifestación” en Boiro o próximo sábado, 19 de febreiro ás 12:00 horas.
Máis medidas de presión
Así mesmo, entre a manifestación do 19 de febreiro e o comezo dos días de folga que arrancarán o 14 de marzo, porán en marcha outras medidas de presión, entre elas concentracións nas portas dos supermercados.