Destacados Vigo al minuto

Avanzan as obras da ‘vía de alta capacidade’ entre Tui y A Guarda

Contará con dúas calzadas, unha glorieta elevada sobre a A-55, dous enlaces coa autovía

Avanzan as obras da 'vía de alta capacidade' entre Tui y A Guarda

A Xunta acadou xa o 25% de execución das obras da vía de alta capacidade Tui-A Guarda entre o enlace coa A-55 e o
polígono de Areas, que supoñen un investimento de 21,2 millóns de euros.

As actuacións teñen como obxectivo a construción do treito de autovía no termo municipal de Tui, iniciándose coa conexión coa A-55 mediante unha glorieta elevada sobre a autovía, que canalizará os tráficos no enlace.

Trazado

Desde a glorieta partirá unha recta en viaduto sobre a A-55 ata o punto quilométrico 0+113,43, onde enlaza cunha rampla e finaliza no semienlace do polígono de Areas.

Estado das obras

Agora mesmo xa se desenvolveron as tarefas de limpeza e roza e realizáronse o 52% das demolición de edificacións, muros de formigón ou peches.

No que se refire ás escavacións, xa acadan o 90%, ao telas realizado en diversos puntos do tronco, do semienlace de Areas, do enlace coa A-55 e en camiños. Así, lévanse executado uns 109.000 metros cúbicos de escavación en saneos e en desmontes.

Tamén avanzan os recheos, cunha execución que acada case o 80%. Xa comezaron as obras nas zonas citadas e recheáronse uns 145.000 m³, 40.000 m³ correspondentes a saneos. Ademais, progresan os traballos da explanada no semienlace de Areas, a disposición de firmes e as actuacións de drenaxe nesta contorna.

Características técnicas

Esta autovía contará con dúas calzadas separadas por sentidos de circulación, de dous carrís cada unha, e beiravías exterior e interior de 2,5 metros e 1,5, respectivamente. A glorieta elevada sobre a A-55 terá dous carrís de 4 metros de ancho cada un.

Enlaces coa A-55

A intervención inclúe dous enlaces, un coa A-55 -glorieta a distinto nivel- e co polígono de Areas, no punto quilométrico 0+630. Construiranse 5 pasos superiores, nos puntos quilométricos 0+000, 0+348, 0+640, 1+100 da estrada A-55, e 0+300 no ramal de conexión coa N-551. Tamén se executarán 2 pasos inferiores, un destinado ampliar o que existe no punto 0+700 da A-55 e outro no 0+400 do ramal de conexión da PO-552.

Treito entre Goián e A Guarda

Na actualidade está en servizo o treito da VAC Tui–A Guarda, entre Goián e A Guarda, cunha lonxitude de 10,15 km, que percorre os concellos de Tomiño, A Guarda e O Rosal, e que entrou en funcionamento en 2014.

También te puede interesar