Este venres, día 4, abre as súas portas no Rosal o ‘Espazo de Autoarranxo’, un centro municipal dotado con todo o material necesario para que os veciños e veciñas poidan reparar nel pequenos aparellos eléctricos, bicicletas e outros enseres.
Afastarse dos modelos de ‘usar e tirar’
“Con iniciativas como esta queremos concienciar ás persoas para afastarnos dos modelos de usar e tirar en prol dun modelo adaptado á economía circular”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
Reducir os residuos nos vertedoiros
Este centro, para o que se rehabilitou un edificio municipal en desuso na Cumieira, será tamén “un espazo para intercambiar coñecementos e experiencias e contribuír á reparación e reutilización de materiais, alongando a vida útil dos obxectos, facilitando o intercambio de materiais, reducindo os residuos a tratar nos vertedoiros e potenciando a sensibilización ambiental”.
Este proxecto está financiado ao abeiro do Fondo Europeo De Desenvolvemento Rexional con cargo ao Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.
Facebook, web e titorais
Xunto á posta en marcha do Espazo de Autoarranxo, o Concello habilitou un grupo en Facebook para o intercambio de obxectos entre a veciñanza e creou a páxina web de Medio Ambiente, que conta con apartado especial dedicado á este espazo con diferentes titoriais.
Por último, impartíronse obradoiros de formación ou foi empregado por parte do alumnado de plástica do CPI Manuel Suárez Marquier para a restauración de mobiliario e por persoal municipal para a reparación de maquinaria como as biotrituradoras.