’10 de Marzo’ aborda por primeira vez, en formato de longametraxe documental, os acontementos do 10 de Marzo de 1972 en Ferrol, os feitos máis icónicos da loita polas liberdades e os dereitos sociais no noso país no tramo final do franquismo.
50 anos despois
O filme narra, cronoloxicamente, dende a elección do xurado de empresa en 1972; a negociación do convenio; os acontecementos dos días 9 e 10 de marzo; a repercusión internacional dos mesmos, así como o chamado “Proceso dos 23” no que os principais protagonistas foron xulgados tres anos máis tarde.
Entrevistas aos protagonistas
A través de entrevistas aos protagonistas dos feitos, materiais de arquivo fotográficos e documental de época, o filme reconstrúe os acontecementos. A estrea da longametraxe documental en cines está prevista para finais de outubro.
O director Roi Cagiao e a produtora Arthur Gordon, despois da exitosa ‘Vigo 1972’ volven a afondar na historia social galega contemporánea con este novo filme.
’10 de Marzo’ conta co patrocinio do Concello de Ferrol, o Sindicato Nacional de CCOO Galicia e Navantia, e coa participación de Fuco Buxán, Fundación 10 de Marzo, Federación de Pensionistas de CCOO de Galicia e Witland.