As actuacións das Tanxugueiras e de Miss Caffeina centrarán esta fin de semana programación do Auditorio Mar de Vigo.
As pandereteiras chegan este venres coa súa nova xira ‘Midas’, coa que están arrasando -está todo esgotado desde hai meses- e Miss Caffeina elixiron Vigo para presentar o seu novo disco, ‘El Año del Tigre’, que terá lugar este sábado, ás 21.30 horas.

‘Midas’
Despois do seu paso polo Benidorm Fest, onde non quedaron primeiras, pero toda España as considerou vencedoras morais co seu tema ‘Terra’, as Tanxugueiras chega a Vigo coa xira ‘Midas’, que vai supoñer a súa consagración como artistas.
O grupo formado por Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro fará nos vindeiros meses máis de trinta actuacións por toda España, entre elas festivais tan emblemáticos como o Cruïlla en Barcelona ou Río Babel, en Madrid. O Auditorio Mar de Vigo será unha delas paradas elixidas na súa xira, no concerto que terá lugar este venres e para o cal as entradas se esgotaron en poucas horas.
‘El Año del Tigre’
Este sábado ás 21.30 horas será o turno no Mar de Vigo para outra das bandas máis aclamadas no circuito español de festivais e concertos: Miss Caffeina. Os “MissCa”, como os denominan a súa lexión de seguidores, elixiron Vigo como unha das primeiras paradas da xira de presentación do seu quinto disco ‘El Año del Tigre’.
Un traballo marcado pola iconografía asiática e o ano novo chinés, coma sempre cun directo bailable e cheo de ruxidos emocionais, onde non faltarán grandes éxitos como ‘Pues si’ ou ‘Punto Muerto’.
Esta é unha das súas actuacións previas, antes de asaltar o concerto máis importante do ano, neste mes de abril no Wizink Center de Madrid.
Miss Caffeina chegan ó Mar de Vigo, despois de arrasar nesta cidade no verán de 2020, onde foron unha das grandes atraccións do Festival Terraceo. A demanda de entradas foi tal que tiveron que facer unha segunda actuación para unha memorable sesión vermú, que tamén venderon en poucas horas.
As entradas para o Festival Terraceo, cun 25% de desconto
Por outra banda, as entradas para o Festival Terraceo, que comeza a principios de maio, seguen á venda cun desconto dun 25%. Este desconto é aplicable para as cen primeiras persoas que merquen entrada en cada un dos concertos.
Os primeiros directos programados son os de Anni B Sweet o 6 de maio, Digitalism DJ o 7 de maio, Hens o 13 de maio e Taburete o 14 de maio. Todos eles estarán acompañados por artistas vigueses de diferentes estilos, como Law, Mwëslee, Babykatze ou Carla Lourdes, respectivamente.
Toda a programación dos artistas xa confirmados, así como a información sobre as entradas pode consultarse na propia web do Auditorio ou na billeteira www.teuticket.com