O Servizo Galego de Saúde pon en marcha este venres a nova Unidade de Saúde Mental ambulatoria no Centro de saúde de Ponteareas, que atenderá á poboación adulta da comarca de O Condado. En total, dará cobertura a 50.000 persoas dos concellos de Ponteareas, Mondariz, Mondariz Balneario, A Cañiza, Covelo, Crecente, Arbo, As Neves e Salvaterra de Miño.
Cinco profesionais
A nova Unidade conta cun equipo de 5 profesionais: 2 psiquiatras, 1 psicólogo, 1 enfermeira especializada en saúde mental e 1 administrativo.
Polo de agora, mentres se executa a reforma no andar -1 do actual centro de saúde, o servizo inicia o seu funcionamento con 1 psiquiatra e en quenda de tarde.
Evitar desprazamentos a Vigo
Dende agora, a poboación desta comarca xa que non terán que desprazase a Vigo a recibir este tipo de atención, “dispoñendo neste centro dun equipo de profesionais especializados e dunha completa carteira de servizos para ofrecer unhas prestacións coas máximas garantías“, sinalan dende o SERGAS.