O novo Bacharelato de Artes do IES Pedro Floriani de Redondela botará a andar o vindeiro curso cun total de 15 alumnos.
Aínda é posible incorporarse ao mesmo
Este é o número de solicitudes recibidas por parte da Xefatura Territorial de Pontevedra durante o período extraordinario de admisión que se abriu para este fin, polo que se consolida un grupo de clase. Non obstante, aínda quedan prazas libres polo que, se algún alumno desexa incorporarse fóra de prazo, poderá facelo.
Unha vella demanda de Redondela
Este novo Bacharelato, que se impartirá en quenda de mañá, foi recentemente autorizado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, dando así resposta á demanda da comunidade educativa de Redondela.
Precisamente para adaptar os espazos do centro á nova oferta, a Consellería realizará as pertinentes obras no instituto ao longo do verán.