A Asociación Veciñal de Teis, vén de denunciar publicamente que desde hai máis de 2 meses a paralización das obras da II fase da humanización na rúa Purificación Saavedra, no tramo entre a rúa Foxos e a rúa Enrique Lorenzo.
Obras dende outubro de 2021
As obras comezaron hai meses en outubro de 2021 e está sen finalizar, “coas molestias que isto supón para a veciñanza ao tratarse dunha rúa moi transitada e sendo nun dos acesos o mercado de Teis“.
Sen resposta do Concello
A pasada semana a Asociación dirixiuse por escrito a Concellaría de Fomento, denunciando está situación e demandando a finalización das obras na rúa Purificación Saavedra, “sen recibir unha resposta a día de hoxe”.
Os veciños descoñecen os motivos para a paralización destas obras, desde hai tantos meses e cando tiñan que estar finalizadas e esixen a súa finalización á maior brevidade.