Destacados Vigo al minuto

O Naval volverá ás rúas de Vigo

Este xoves, día 26, ás 19:00h.

O Naval volverá ás rúas de Vigo

A Unión Comarcal da CIG de Vigo ten convocada unha manifestación para este xoves 26 de maio en defensa do sector naval e contra o desmantelamento industrial da bisbarra. A marcha arrincará dende Vía Norte ás 19:00 horas e rematará diante da delegación da Xunta.

O naval vigués esmorece

Así o anunciaron este luns en rolda de prensa o secretario comarcal da central sindical, Alberto Gonçalves, e o responsábel da CIG-Industria de Vigo, Xulio Fernández.

Os dous subliñaron que «o naval vigués leva anos esmorecendo» e camiñando cara a irrelevancia industrial, «cunhas condicións laborais cada vez de maior precariedade, sen que as administracións públicas acometan ningún plan de viabilidade para a súa modernización ou tan sequera para garantir a súa supervivencia».

«Situación dramática»

De feito, apuntaron, os tres principais estaleiros da Ría de Vigo e estaleiros privados máis grandes do Estado –Barreras, Metalships e Vulcano- atravesan unha situación dramática.

Hai 10 anos asistimos á venda de Barreras ao grupo García Costas e á petroleira PEMEX, unha venda exemplo de «corrupción e mala xestión, o que en gran medida dá o nivel de empresariado que hai no noso país e o total desinterese por parte das diferentes administracións, tanto do Estado como da Xunta».

Outros 100 empregos perdidos en Barreras

E nestes días «temos diante unha nova venda da unidade produtiva do estaleiro que supón a perda de máis de 100 postos de traballo directos».

Trátase, subliñaron os responsábeis da CIG de empregos de calidade, a cambio de precarizar máis o sector con máis subcontratación. «Cando vemos que este modelo de estaleiros de síntese xa fracasou noutros países de Europa».

Metalships, sen carga de traballo e Vulcano na incerteza

Por outra banda, Metalships está sen carga de traballo, unicamente na reparación, e cun futuro incerto, e o antigo Vulcano, agora Estaleiros San Enrique, nun escenario de «absoluta incerteza».

Diante da continuada «inacción» da Xunta e do Goberno español «temos que insistir na necesidade de defender o naval como un sector estratéxico e imprescindíbel na nosa comarca e en Galiza, xa que historicamente foi motor industrial que daba traballo non hai moitos anos a 15.000 traballadores/as en Vigo e a súa bisbarra, que creou moita riqueza, e por iso que urxe adoptar as medidas necesarias para asegurar a súa continuidade e blindar o emprego».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.