Este martes publícanse as listaxes definitivas das nenas e nenos admitidos nas 174 escolas infantís autonómicas, que podes consultar premendo aquí.
Este ano foron admitidos un total de 8.000 cativas e cativos. Os seus pais teñen do 1 ao 10 de xuño para formalizar a matrícula.
Aforro de entre 1.500 e 2.000€ por neno
Precisamente, hoxe o presidente da Xunta, destacou, na súa visita a Escola Infantil de Campolongo, acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola García, que a gratuidade da Educación Infantil contribuirá á economía dos fogares, cun “aforro medio anual de entre 1.500 e 2.000 euros de media por neno”.
Primeira Comunidade
Alfonso Rueda subliñou que Galicia será a primeira comunidade do Estado na que a educación infantil será 100%
gratuíta, xa sexa en centros públicos, en privados ou de iniciativa social.
O presidente precisou que esta iniciativa suporá un orzamento anual de 50 millóns de euros e beneficiará a máis de 30.000 pequenos. A ela súmanse outras accións, como as casas niño para dar servizo aos pequenos concellos -actualmente están en servizo 89 -; o Bono Coidado ou a Tarxeta Benvida.