As reservas dos grupos sanguíneos Cero positivo (0+) e Cero negativo (0-) están baixas en Galicia. Así o indica a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), nun comunicado, e pide a cidadanía que acuda a doar sangue.
ADOS subliña que os hospitais galegos necesitan entre 400 e 500 doazóns diarias para seguir facendo o seu traballo e informan de que as unidades móbiles de doazón estarán en distintos lugares.
En concreto, o luns día 6 na zona de Coia e na Praza do Cristo da Vitoria, en Vigo; ademáis de en Ponte Caldelas -na Revolta, diante do Hotel Los Naranjos, e Noalla, campo da festa- e Salceda de Caselas -na Praza do Concello-.