Vigo volverá a ter cacharelas este xoves pola noite tras dous anos sen celebrar a festa de San Xoan. O Concello recibiu 22 solicitudes,“que aínda teñen que pasar a inspección final polo servizo de bombeiros”.
As mesmas corresponden a: Saiáns – Asociación vecinos San Xurxo, Alcabre – Asociación Nosa Terra, Freixo – Asociación Amigos do Freixo, Seixo-Beade – Amigos do Seixo, Muíños – Lola y Lía, Praza do Berbés – A.V Casco Vello, Cabral – A.V Cabral, Candeán- Unión Veciñal, Toralla – Comunidad propietarios Illa Toralla, Joaquín García Picher – Asociación As da Industria, Valladares – Asociación Veciñal, Aero Club – Real Aero Club, Matamá – Sociedade Atlántida, Bembrive – Entidad local , Zamáns – Asociación San Mamede, Castrelos – A.V. Monte da Mina, Teixugueiras – Asociación Novo Vigo, Teis – Asociación veciños, Liñares – Asocación Os Liñares, Comesaña – Asociación Os Ventos, Casco Vello – Asociación Barrio Alto Casco Vello e Coruxo – Centro Recreativo, Artístico e Cultural.
O alcalde advertiu a prohibición de facer cacharelas nas praias e os parques.