Diferentes colectivos de persoas migrantes e antirracistas, organizacións sociais e entidades da Galicia, diante da “terrible masacre” acontecida na fronteira de Melilla o 24 de xuño, sumánse as mobilizacións promovidas polos propios colectivos e comunidades migrantes para realizar concentracións de denuncia dos feitos e de esixencia de máximas responsabilidades, este venres, 1 de xullo.
Nesas concentracións lerase o Manifesto unitario, “prestarase homenaxe ás persoas asasinadas” e amosarase o apoio ás súa familias e tamén aos centos de persoas feridas pola “brutalidade policial”.
Horarios das concentracións
En Galicia, as concentracións serán as seguintes (independentemente de que se poidan sumar otros lugares e colectivos):
Santiago de Compostela: Venres 1 de Xullo ás 20:00 na Praza de Cervantes.
A Coruña: Venres 1 de Xullo ás 20:00 h na Praza das Conchiñas.
Vigo: Venres 1 de Xullo ás 19:30 h na Praza do Emigrante.
Pontevedra: Venres 1 de Xullo ás 20:00 h na Praza da Peregrina.
Lugo: Venres 1 de Xullo ás 19:30h na Praza Maior
Ferrol: Sábado 2 de Xullo ás 20:00 h na Praza de Armas.
Vilagarcía: Venres 1 de Xullo ás 19:00 h na Praza Galicia.
Demandas
As principais demandas que recolle o Manifesto, que será remitido a diferentes responsables políticos, son:
1.- Investigación independente que esclareza as mortes ocorridas; así como, a reparación das vítimas (identificación, repatriación e información ás familias).
2.- O acceso a unha atención sanitaria de calidade e especializada ás persoas feridas.
3.- Finalización das devolucións en quente e derrogación, por parte dos grupos parlamentarios, dos rexeitamentos en fronteira na reforma da Lei de Seguridade Cidadá.
4.- A protección, garantía e mecanismos de vixilancia dos Dereitos Humanos en toda a Fronteira Sur, respectando os acordos internacionais, especialmente o Estatuto das Persoas Refuxiadas, e atendendo á particular vulnerabilidade das menores.
5.- Transparencia en relación coa “nova etapa” de asociación entre España e Marrocos; así como en que se gasta o diñeiro que recibe Marrocos da UE e España.
6.- Establecemento de vías legais e seguras e derogación da Lei de Estranxería.