Hoxe xoves 30 de xuño Vitrasa puxo en marcha o ‘servizo especial ás praias’ de Vigo. Un total de 9 liñas conectarán a ciade con todos os areais, en principio ata setembro, ainda que a duración estará condicionada polo tempo.
Esas son as liñas
En concreto, ademais das 6 liñas que conectan Vigo coas praias: L10, L11, L12A, L15A, L15B e L15C, tamén amplían o seu percorrido a liña C3 en todos os días da semana e as liñas 4C e 23 en horario de tarde nos días laborais e todo o día os sábados, domingos e festivos. Por outra banda, nas horas punta reforzarase o servizo para facilitar a mobilidade ós areais.
Medidas de seguridade
Vitrasa lembra aos usuarios e usuarias que é obrigatorio o uso de máscara no interior dos autobuses.