Galicia Sucesos

Un morto e 49 feridos en Galicia a pasada fin de semana da ‘Operación Saída’

O día con máis accidentes foi o venres

Una niña herida al caer por un desnivel en O Porriño

O día con máis accidentes foi o venres

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana da Operación Saída 50 persoas debido a 42 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 1, e a as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 3 de xullo.

A Central de Coordinación do 061, recibiu nestes días 51 chamadas en relación cos accidentes de tráfico e os recursos sanitarios mobilizados foron 60.

Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 9 accidentes; o helicóptero medicalizado mobilizouse en 2 ocasións; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 44 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en 5 accidentes.

En 43 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en  seis ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

También te puede interesar