Antideslizantes, con baixa conductividade térmica e adaptadas a persoas con mobilidade reducida
O Concello de Nigrán ven de investir 17.908 € na adquisición de 8 ramplas flexibles para que os areais de Praia América-Lourido e Patos resulten fácilmente accesibles.
Fronte á tradicional pasarela de táboas, este é un sistema diferente porque resulta máis similar a unha alfombra pola súa flexibilidade, permitindo crear carreiros temporais de acceso para peóns e persoas con mobilidade reducida (cadeiras de rodas, muletas, carriños de bebes, bicicletas, etc) en superficies difíciles.
2 en Panxón, 4 en Praia América, 2 en Patos
Esta semana quedarán dispostas 2 en Panxón, 4 en Praia América-Lourido e 2 en Patos. As mesmas están 100% fabricadas de poliéster reciclado e resultan lixeiras e resistentes pese a súa estrutura flexible e permeable e non teñen cravos ou achas, para maior seguridade dos usuarios.
Recomendación durante o campionato de surf adaptado
“Durante a celebración este ano do campionato mundial e nacional de surf adaptado en Patos os propios deportistas e clubes nos recomendaron este sistema como verdadeiro garante da accesibilidade, xa que as táboas ao final se levantan ou rompen fácilmente, polo que non se recomendan actualmente”, explica o alcalde, Juan González, quen destaca tamén a facilitade do seu almacenaxe (enrolada) e colocación.
Entre os beneficios destas pasarelas están tamén que son antideslizantes e con baixa conductividade térmica, polo que resulta agradable e seguro camiñar sobre elas en calquera situación meteorolóxica.