O presidente quere “chegar a acordos”
O presidente da Xunta non ten inconvinte en reunirse con Abel Caballero, tal e como solicitou o alcalde de Vigo, pero cre que ve “moi mal comezo” nas súas “provocacións”.
“Unha carta cheas de condicións previas”
Alfonso Rueda apuntou que “cando non se buscan acordos senón titulares, probablemente iso leva a recibir unha carta como a que eu recibín no día de onte, chea de provocacións, de condicións previas que parecen imprescindibles e ineludibles para pactar un encontro”.
O presidente referíase en concreto a tres asuntos que Caballero entende que a Xunta ten que resolver antes de calquera reunión: o que cualifica de intervención “subrepticia, opaca e mal intencionada” do Goberno galego na candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade; o recurso interposto pola Xunta á creación da Área Metropolitana de Vigo e a lei que obriga ao Concello de Vigo a facer fronte ao copago de centros de día e escolas infantís.
A carta contén outras 37 peticións de Abel Caballero a Rueda que constitúen o que o alcalde entende como a ‘débeda histórica‘ da Xunta coa cidade e agravios que entende cometeu con Vigo o anterior xefe do executivo galego, Alberto Núñez Feijóo.
Chegar a “acordos” e “traballar” con Abel Caballero
O presidente Rueda insistiu en que o que pretende e chegar a “acordos” e traballar con Abel Caballero. “Non busco titulares nin seguir construíndo un personaxe de oposición frontal que non sei se suporá algún rédito político ao alcalde de Vigo. A min en absoluto”.
Carta do alcalde ao presidente da Xunta