Galicia Vigo al minuto

A Xunta reformará a lei para que se identifique aos animais de compañía mortos na vía pública

E se notifique aos seus donos

A Xunta reformará a lei para que se identifique aos animais de compañía mortos na vía pública

E se notifique aos seus donos

A Xunta reformará a lei para que se identifique os animais de compañía que aparezan mortos na vía pública e se notifique aos seus donos.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda incidiu este martes, durante unha visita realizada á protectora Gatocan en Coirós, que o obxectivo é reforzar a Lei de protección e benestar dos animais de compañía para que se comprobe a identificación dos animais que aparezan mortos na vía pública a través da lectura do microchip co fin de comunicar o falecemento aos seus propietarios e que estes poidan facerse cargo da xestión e tratamento dos seus
restos.

Según Ángeles Vázquez, a maiores, con esta reforma facilitarase que os propietarios dos animais poidan comunicar
ao rexistro a baixa do animal e, por outra banda, permitirá avanzar na investigación de
posibles roubos.

Reivindicación das protectoras

Deste xeito, a Xunta faise eco da reivindicación das asociacións protectoras de animais de compañía, que veñen incidindo na importancia do crecente vínculo que existe entre estes animais e os seus propietarios.

A conselleira salientou que este ano se convocaron axudas por importe de 400.000 euros para apoiar a concellos e asociacións protectoras no coidado e atención dos animais domésticos abandonados.

No caso das entidades locais, as axudas, que contan cun orzamento de 230.000 euros, destínanse a gastos de esterilización, vacinación, identificación, rexistro dos exemplares e compra de alimento.

“Polo que respecta ás asociacións protectoras, o financiamento de 220.000 euros cobre os mesmos gastos que nos concellos e, ademais, tamén se pode destinar a campañas de sensibilización e compra de material, equipamento non funxible, software e dispositivos electrónicos“.

También te puede interesar