Non chega ao 53%, tres puntos menos que o ano pasado
Segundo os datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica, a reserva de auga dos encoros galegos segue baixando está no 52,58% da súa capacidade total, cun total de 1.953 hectómetros cúbicos.
80.000 millóns de litros menos de auga que en 2021
Esta cantidade é inferior en 16 puntos á media da última década e supon 3 puntos menos que o ano pasado, o que representa más de catro veces o que precisa, anualmente unha cidade como Vigo- o que representa 80.000 millóns de litros de auga-.
Exactamente, cada vigués consume diariamente uns 130 litros de auga, o que no conxunto da cidade representa, en total, 20 hectómetros cúbicos anuais -é dicir 20.000 millóns de litros de auga-.
A conca do Miño á metade da súa capacidade
Agora mesmo a conca do Miño dispón de 1.529 hectómetros cúbicos de auga embalsada o que representa o 50,4% da súa capacidade; no que se refire a conca Galicia-Costa dispón de 424 hectómetros cúbicos de auga o 61,2% do total.