Dende este xoves, 1 de setembro
O Concello de Nigrán a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) desenvolverá o Programa FORMA-T destinado prioritariamente a mulleres empadroadas en situación de desemprego.
Este programa inclúe as seguintes acción formativas:
– Xestión de almacén e manexo de carretilla elevadora con 138:00 horas de duración. Inclúe prácticas non laborais en empresas do sector. Data de inicio: 19/09/22
– Mobilización e cambios posturais de persoas dependentes con 20:00 horas de duración. Data de inicio: 26/09/22
– Necesidades educativas especiais a través do ocio con 25:00 horas de duración. Data de inicio: 03/10/22
– Administración electrónica con 15:00 horas de duración. Data de inicio: 04/10/22
– Iniciación á informática con 20:00 horas de duración. Data de inicio: 17/10/22.
Aberta a inscrición
O prazo de inscrición comenza hoxe, 1 de setembro, e rematará 10 días antes do inicio de cada un dos cursos.
Lugar de inscrición: as mulleres interesadas deberán presentar o formulario de inscrición no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica, acompañada da documentación pertinente.
Para mais información poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres no teléfono 986383081 ou no correo electrónico: [email protected]