Teñen convocada folga en escolas infantís e residencias
Tras unha semana dunha folga que afecta ás escolas infantís das Galiñas azuis, centros de día, residencias e demais servizos do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, os traballadores denuncian que parece que “nin o presidente Alfonso Rueda, nin a súa conselleira de Política Social, Fabiola García, nin o xerente deste organismo, Perfecto Rodríguez queren negociar nada”, mentres “a folga, lonxe de diluírse, está incrementando os piquetes e escraches a
cargos públicos”.
Este lunes, un grupo de traballadoras reuníanse, para protestar, ás portas da sede da Asociación de Industrias do Metal (Asime), en Vigo, por mor do 20º aniversario do servizo de prevención mancomunado, ao que acudiu a conselleira de Traballo, María Jesús Lourenzana. “Precisamos ser escoitadas, que alguén nos atenda”, sinalaron.
En folga dende o día 5
Durante a pasada semana multitude de alcaldes e persoeiros “apoiaron unha causa que deixaría na rúa a preto de
1.500 persoas, na súa maioría mulleres con cargas familiares“. O número de centros que non poden abrir e desenrolar a súa labor con normalidade va en aumento, aseguran, alertande de que “hoxe aumetaron ademais os centros de distinta índolee que non puideron funcionar con normalidade por ter as pechaduras bloqueadas”.
A folga, convocada inicialmente para o día 5 de setembro, terá unha duración de 15 xornadas ao mes durante tres meses. A primeira quenda será do luns 5 ata o venres 16 de setembro, para despois continuar en outubro -do luns 3 ao venres 14-; en novembro -do 2 ao 11- e en decembro -do 12 ao 23-.
“Convocatoria inxusta” da Xunta
Dende o sindicato CNT piden unha “negociación urxente que non leve á desesperación ás traballadoras“, que ademais
de xogarse o seu futuro “non teñen moito que perder”. A “convocatoria inxusta” que a Xunta propón para a
estabilización, non garante a estabilidade de persoas que levan 15 anos no posto, e as relega a unha baixa puntuación con respecto a traballadoras que nunca estiveron dentro do Consorcio, apuntan.
Revindicacións
Para desconvocar a folga, entre outras cuestións, reclaman que se garante unha convocatoria única e específica; oposición non eliminatoria; contabilizar a formación impartida polo Consorcio; retirada do concurso de traslados e un baremo “xusto” no que prime a experiencia.