Se che gusta o baloncesto, tes que convencer aos teus pais de que este é o mellor campamento do verán. O Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia organiza o sexto Campus de Baloncesto 2010 pensado para rapaces de entre 6 e 17 anos. Durante unha semana, entre o 12 e o 18 de xullo, os participantes recibirán en As Travesas unha completa formación deportiva, pero tamén un amplo abano de oportunidades de ocio, cultura e deporte.
De 10 a 20 horas, os rapaces poderán disfrutar de rugbi, natación, batuka, piragüismo, capoeira, fútbol… como actividades alternativas impartidas por entidades e clubs especializados. Todo aproveitando as dúas pistas polideportivas, a pista de frontón, a piscina olímpica e o campo de herba que o complexo deportivo pon a súa disposición.
Para inscribirte, envía por mail ([email protected]) ou fax (986 227 275) a folla de inscrición, o xustificante do ingreso e as fotocopias do dni e da cartilla da seguridade social antes do venres 9 de xullo.