Agenda Cultura

Terás que pedir vacacións para poder disfrutar das Festas do Verán

Máis dunha treintena de actuacións e espectáculos para todos os públicos nun mes máis que intenso. Serán as Festas de Verán de Vigo, que arrancan o vindeiro 14 de xullo co concerto de Norah Jones en Castrelos e que porá punto e final co de Mika o 14 de agosto. Por medio, moito que facer, ver e disfrutar, así que vas necesitar tempo!

En canto aos concertos, Castrelos será o escenario central do de Norah Jones, Patti Smith (18 de xullo), Serrat (22 de xullo), Public Enemy dentro de O Marisquiño (5 de agosto), David Bisbal (7 de agosto), Castrelos Circus (9 de agosto) e Mika. Para completar a oferta, Rosendo estará no Karraskal Rock o vindeiro 10 de xullo e están intentando que Motorhead e Miguel Bosé se suba o 3 e 4 de agosto ao escenario no pabellón de As Travesas.

Para os máis pequenos, Castrocativo do 3 ao 8 de agosto, con multitude de actividades, obradoiros e teatro. Como sorpresa: o espectáculo de Bob Esponja, un dos debuxos animados máis admirados polos pequechos, estará na praia de Samil en agosto, o día 4 (de 18:30 a 20 horas) e o día 5 (de 11:30 a 13 e de 18:30 a 20 horas).

Animación na rúa polo Casco Vello, pregón de Luis Zahera e, se a súa axenda llo permite, presencia de Luis Tosar. Na derradeira semana de xullo haberá Festiclown con nomes como o de Pepe Viyuela o Leo Bassi, conciertos de la Coral Casablanca e Coral Polifónica, Vigo Folk na Praza de Compostela (5-8 de agosto), Vigo Urban na Praza da Estrela (3-8 de agosto) e maxia e humor polas noites con Luis Piedrahita e Carlos Blanco.

También te puede interesar