Destacados Vigo al minuto

Só na ‘repesca’ será posible poñerse a 4ª vacina da COVID nos centros de saúde

En principio haberá que poñela nos hospitais

So na 'repesca' será posible poñerse a 4ª vacina da COVID nos centros de saúde

En principio haberá que poñela nos hospitais

O conselleiro de Sanidade asegurou este luns en Vigo que os maiores poderán poñerse a 4ª dose da COVID nos centros de saúde, só na ‘repesca’ e que, en principio terán que acudir aos hospitais.

Julio García Comesaña sinalou que esta medida é necesaria para ‘protexer’ a actividade da Atención Primeria, que recupera moita da súa actividade ao rematar o verán.

‘Vacunódromos’

García Comesaña defendeu as citas para a vacina nos coñecidos ‘vacunódromos’ porque, subliñou, amosáronse moi efectivos, como proba o feito de que Galicia teña as taxas de vacinación máis altas de España e de Europa.

Ademáis, engadiu o conselleiro, permiten agrupar recursos materiais e, especialmente,optimizar o traballo do persoal de Enfermería.

Vacinas na casa

Julio García Comesaña inistiu en que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) fará o máximo esforzo para que todas as persoas reciban esta 4ª dose. Así, asegurou que se alguén non pode ir a vacinarse ao hospital, cande chegue a ‘repesca’ poderá facelo no seu Centro de Saúde e aqueles que non estean en disposición de sair da casa, pola súa idade ou por enfermidade, contarán profesionbais acudirán ao seu domicilio.




También te puede interesar