Os traballadores acuden o xoves á Inspección de Traballo
A folga indefinida na limpeza de contedores da fábrica de Stellantis en Vigo iniciada o luns día 3 “está
a ter un seguimento practicamente total” por parte dos traballadores, sinalan dende a CIG.
Cambio de convenio
Segundo denuncian dende o Comité, “a Dirección quere impoñer un cambio de convenio, do actual de Limpeza da provincia de Pontevedra ao de Transporte de Mercadorías por Estrada, co conseguinte prexuízo económico, social e de estabilidade laboral para os arredor de 60 empregados da compañía”.
Mobilizacións
Dende que se iniciou o paro indefinido o cadro de persoal está a desenvolver un intenso calendario de
mobilizacións, con concentracións diarias de 7:00 a 8:00 e de 21:00 a 22:00 horas diante das instalacións de
Stellantis e con manifestacións polas rúas da cidade, como a celebrada este mércores.
Para este xoves, día 6, está prevista unha concentración diante da Inspección de Traballo de 11:00 a 12:00 horas, coincidindo coa mediación solicitada pola empresa.
Denuncia na Inspección de Traballo
A representación sindical -CIG, CGT e UGT- denunciou diante da autoridade laboral que o Grupo Urbano
está a botar man de persoal de ETT para intentar minimizar o impacto do paro. Tamén presentaron outra denuncia despois de atopar a un traballador de Stellantis desenvolvendo funcións dos empregados da contrata de limpeza.