Destacados Vigo al minuto

Os comerciantes poderán adherirse dende este xoves, día 13, ao Bono Activa Comercio

Ofrécense 30 euros de desconto aos clientes nas tendas que participen

Os comerciantes poderán adherirse dende este xoves, día 13, ao Bono Activa Comercio

Ofrécense 30 euros de desconto aos clientes nas tendas que participen

Os comerciantes galegos poden adherirse a partir de mañá, xoves 13 de outubro, ao programa do Bono Activa Comercio, unha iniciativa á que a Xunta destina 5 millóns de euros, coa previsión de chegar a mobilizar
17 millóns en compras no comercio de proximidade de toda Galicia
.

Como facelo?

Tal e como vén de publicar o Diario Oficial de Galicia, os establecementos poderán sumarse a través da web bonosactivacomercio.gal ata o próximo 30 de novembro.

No caso dos clientes, poderán descargar a través do móbil os seus descontos neste mesmo espazo web desde o próximo 24 de outubro, data na que tamén poderán empezar a utilizarse.

O programa, que prevé chegar a máis de 160.000 persoas, ofrece un bono desconto de 30 euros que se poderá empregar na lista de establecementos adheridos a esta iniciativa.

Descontos

A principal novidade deste ano é a ampliación de tramos de desconto e os importes. Así, o desconto será de 5 euros para compras a partir de 20 euros e inferiores a 30 euros; 10 euros para compras desde 30 euros e inferiores a 50; e de 15 euros se superan os 50 euros de compra.

O obxectivo desta iniciativa, sinalan dende a Vicepresidencia primeira da Xunta, é “axudar á economía das familias contribuíndo a aliviar o impacto da inflación na capacidade de gasto dos fogares galegos; así como incentivar as compras no comercio de proximidade, nunhas datas clave para a actividade comercial”.

También te puede interesar